|
Blogs -
Política
|
 753 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Martes, 22 de Diciembre de 2009 14:53 |
 PP, PSOE e BNG de Melide acordaron por unanimidade esta mañá trasladar á Xunta de Galicia o interese do Concello de Melide no próximo reparto dos Grupos Municipais de Intervención Rápida –GRUMIR-. En datas recentes, o equipo de goberno, a través do primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Prado, remitiu un escrito á Dirección Xeral de Emerxencias solicitando o GRUMIR para Melide, que xa estaba previsto –con seis membros- na modificación prevista polo bipartito da Xunta pero que finalmente non chegou a materializarse.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Política
|
 1187 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Jueves, 19 de Noviembre de 2009 15:13 |
 A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, insta ó Concello a que explique, no próximo pleno, o traballo que está a desenvolve-lo asesor musical do Conservatorio de Melide. Neste senso, a representante popular indica que, despois de preguntar a pais e alumnos, ninguén coñece a actividade que realiza o asesor musical, polo que o PP esixe que se lle poña “luz e taquígrafos” a esta figura. A voceira do PP afirma que esta figura debería ser desenvolvida polo Director do Conservatorio e non contratar a outra persoa a maiores, tal e como viña sucedendo anos atrás antes da chegada de Cea ó Consistorio.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Política
|
 2037 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Martes, 08 de Septiembre de 2009 09:54 |
|
O día 1 de setembro, coa súa publicación definitiva no BOP, entrou en vigor o presuposto do Concello de Melide para o ano en curso. Neste orzamento o equipo de goberno destina unha partida de 95.000 euros para todas as asociacións, de distinta natureza, que están rexistradas no Concello. Un total de sesenta e cinco entidades (parroquiais, deportivas, culturais e de natureza social ou comercial) asinarán este ano un convenio individual co Concello de Melide para recibir a contía coa que a entidade local quere contribuír ao desenvolvemento do tecido asociativo.
A fin de informar individualmente a cada asociación, o Concello comezou a remitir cartas a todas as entidades nas que se lles avanza cal será a cantidade que percibirán con cargo ao orzamento en curso. Para a concelleira de Participación Cidadá, Casé Rodríguez, “este presuposto quere darlle un pulo ao asociacionismo de Melide, apoiando as iniciativas culturais, deportivas, o comercio ou á propia veciñanza que a través de asociacións veciñais se une para celebrar unha festa ou dar vida a unha parroquia”.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Política
|
 2535 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Viernes, 21 de Agosto de 2009 17:27 |
 A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, remitiu o pasado 13 de agosto unha carta ao Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar transmitíndolle a súa preocupación polo actual estancamento do proxecto da galescola, que xa conta con licenza municipal de obra dende o 17 de abril deste ano. Previamente, o Consorcio presentara no Concello o proxecto da galescola, pero para que esta poida converterse nunha realidade é preciso que o ente autonómico realice o pagamento de distintas taxas administrativas que aínda están pendentes.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Política
|
 2087 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Domingo, 07 de Junio de 2009 16:35 |
|
|
|
Blogs -
Política
|
 2535 hits |
|
Escrito por El enterrador
|
|
Jueves, 02 de Julio de 2009 05:44 |
|
Deses 6 millóns - mil millóns de pesetas- perto de 100.000 euris irán ás asociacións de Melide, dos cales Protección Civil leva 6.000 e Cáritas 2.500. Ao noso entender, un presuposto que aínda que razoable, debería adicar máis á loita contra o paro, e menos a soldos e chapapote. Por certo, na nota de prensa indícase que “había traballadores que percibían 782 euros, unha cantidade irrisoria ". Señora alcaldesa: case 800 euros de soldo, non é unha cantidade irrisoria nestes tempos; irrisorio é estar sen traballo ou como están os socios da Cooperativa Melisanto que non levantan cabeza; pero ter un soldo de 800 euros, non é irrisorio. Sorprenderíase saber canta xente gaña incluso moito menos ca eso, pero claro, como vostedes son todos políticos... que van saber disto. Según vostedes, ningún traballador cobrará menos de 1.000 euros; estupendo... Resumindo: de 1.000 millóns de pesetas, case todo se vai en soldos e catro obriñas... E a oposición que ten que dicir?, pois que ás 9 da mañán era moi cedo para acudir ó pleno. Hai, andámosche bien!!!!. Menudo nivel.
|
|
Blogs -
Política
|
 2734 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Lunes, 02 de Marzo de 2009 12:50 |
|
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Política
|
 3952 hits |
|
Escrito por El enterrador
|
|
Sábado, 24 de Enero de 2009 13:43 |
 Chus, chus, pitiñas, tomade comidiña e poñedes bos jueviños, porque mentres comedes alomenos estades caladas. Eso é o que está a facer a Xunta de Jalisia dende o seu jaliñeiro cos sindicatos. Está claro que mentres comen lles importan unha merda os traballadores; porque estamos en plena crise con máis de tres millóns de desempregados e case un millón de fogares con todos os membros no paro pero huntando ós sindicalistas se ve que é a forma de saír dela. Que por certo; que alguén me explica porque eu se non estou sindicado, porqué carallo teño que pagarlle os sindicatos?. Pois eso, que a Xunta lles da axudas por case 2 millóns e medio de euros. Hala, alegría e cachondeo e cartos para todos. Deixovos o link á publicación por se queredes jomitar un cacho!!! http://traballo.xunta.es/descargas/Orde_30122008_TR807ABC_gal.pdf
|
|
Blogs -
Política
|
 3845 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Miércoles, 11 de Febrero de 2009 13:50 |
 O PP DE MELIDE PIDE EXPLICACIÓNS SOBRE A APERTURA DA ESCOLA INFANTIL O PASADO LUNS A PESARES DE ORDENAR A XUNTA O PECHE DOS CENTROS DE EDUCACIÓN O PP melidense ven de solicitar explicacións sobre os motivos que levaron ó goberno municipal a actuar en contra das directrices da Xunta e permanecer aberta a Escola Infantil ó longo da toda a mañá do pasado luns, cando os tres colexios de educación primaria e o IES permaneceron pechados. O grupo popular de Melide considera esta decisión de gran irresponsabilidade xa que toda Galicia estaba en alerta con centros pechados e en Melide alcaldesa e tenente de alcalde non tomaron a decisión de pechála hasta as dúas da tarde.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Política
|
 4373 hits |
|
Escrito por Xiri
|
|
Domingo, 07 de Diciembre de 2008 02:03 |

O grupo popular municipal revela que as tasas da piscina terán un incremento de entre o 33 e ó 100 %.
Ánxeles Vázquez asegura que na situación na que se atopa a piscina lexos de incrementar as tasas pola utilización da piscina deberían de baixarse ata arranxar a situación.
O PP de Melide critica arduamente a subida desmesurada que terán que pagar os usuarios da piscina a partir do mes de xaneiro, xa que o incremento chega en algúns dos casos a duplicar a tasa que viñan pagando ata o de agora e como exemplo temos os colectivos especiais( persoas con deficiencias ) que tiñan un bono especial de 6 € e a partires de xaneiro terán que pagar 12, os maiores de 15 € pasarán a 20, os abonos individuales de 18 € a 25 €, a entrada libre de 3 € a 5 €.
Esta suba segundo Ánxeles Vázquez é inadmisible por parte dos usuarios xa que a situación da piscina é pésima, máquinas en mal estado, a temperatura da auga fría, non hai monitores suficientes o que fai que os cativos se desplacen a concellos veciños para asistir a cursos de natación…
A voceira do PP pide explicación a Socorro Cea, xa que a piscina é considerada por esta última como un luxo de ahí que puxera sempre trabas para o seu bo funcionamente, e lembra neste sentido Ánxeles Vázquez toda a polémica suscitada cando se tivo que pechar a piscina porque unha ventoleira tirou o tellado, debido a que dende un principio tivo defectos obra ( obra contratada e adxudicada pola deputación) feito que Cea na súa época de deputada sempre eludiu co fin de que os melidenses non tiveran piscina. Tivo que ser agora sendo Ánxeles Vázquez deputada cando esta administración se fixo cargo dos gastos. O PP propuxo que o prestamo pedido para pagar os arranxos (segundo Cea) foran invertidos en melloras na piscina, negandose a actual alcaldesa a facelo, polo que a situación é denigrante xa que a auga que caeu no seu día destrozou o interior.
Ante esta situación non se pode consentir que elegramente a alcaldesa se lle ocurra unha subida semellante de cara o vindeiro ano.
O PP pedirá explicacións ó respecto, xa que se non se da un bo servizo non se poden incrementar os prezos ,tamén o PP presentará unha pregunta para que os melidenses coñezan cando se vai a sacar un novo concurso de xestión da piscina, despois de que a actual concesionaria anunciara que rescindía o contrato co concello debido á situación da piscina.
|
|
Blogs -
Política
|
 4816 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Jueves, 04 de Septiembre de 2008 14:46 |
 O Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE manterá, o mañán venres día 5, unha reunión de traballo na localidade coruñesa de Melide. O portavoz do O Grupo Parlamentario Ismael Rego sinala que “este tipo de reunións están enmarcadas dentro do encargo realizado polo Presidente da Xunta de traballar apegados aos cidadáns e achegarse un pouco mais a realidade do noso territorio”. A xuntanza que comezará as 12 da mañá no Centro Multiusos de Melide (coñecido no lugar como Instituto Vello) serve para preparar o vindeiro Pleno Ordinario que se celebrará os días 9 e 10 de setembro na Cámara Galega. Na mesma os deputados aproveitarán para recoller as inquedanzas dos responsables institucionais dos distintos concellos. Xa ao mediodía, ás 2.3O haberá unha comida de traballo na localidade de Toques cos responsables institucionais e locais do PSdeG-PSOE donde analizarán as necesidades e posibles potenciais da Comarca, e o impacto das políticas do Goberno Central e Autonómico na zona.
|
|
Blogs -
Política
|
 4292 hits |
|
Escrito por El enterrador
|
|
Lunes, 20 de Octubre de 2008 00:59 |
 Vedes, outra posible axuda á crise; a retirada dos coches oficiais a "tutti chupopterini galleguini". ¿Que pasa, que non teñen coche coma nos?. Pois que vaian andando!!.Altos cargos e persoal da Xunta que polo que se ve, son máis finos ca o resto dos mortais que temos que poñer o coche para ir ó traballo e pagar o carburante do bolsillo. E a cousa non queda aínda ahí, porque a eses 166.000 euros, hai que sumarlle casi 600.000 anuais en seguros e outros 600.000 en mantemento e conservación. Ah! e os chóferes aparte. Nada, Galicia cada día mais preto de ser unha república bananera. E total, se polo menos os usaran para traballar... + info en europapress.es
|
|
Blogs -
Política
|
 4135 hits |
|
Escrito por El enterrador
|
|
Lunes, 20 de Octubre de 2008 01:01 |
 Vedes, outra posible axuda á crise; a retirada dos coches oficiais a "tutti chupopterini galleguini". ¿Que pasa, que non teñen coche coma nos?. Pois que vaian andando!!.Altos cargos e persoal da Xunta que polo que se ve, son máis finos ca o resto dos mortais que temos que poñer o coche para ir ó traballo e pagar o carburante do bolsillo. E a cousa non queda aínda ahí, porque a eses 166.000 euros, hai que sumarlle casi 600.000 anuais en seguros e outros 600.000 en mantemento e conservación. Ah! e os chóferes aparte. Nada, Galicia cada día mais preto de ser unha república bananera. E total, se polo menos os usaran para traballar... + info en europapress.es
|
|
Blogs -
Política
|
 4330 hits |
|
Escrito por Xiri
|
|
Domingo, 30 de Noviembre de 2008 21:43 |
 O GRUPO POPULAR MUNICIPAL VOTOU EN CONTRA NO PLENO DE HOXE A SUBIDA DO 4,5 % DAS ORDENANZAS MUNICIPAIS E OPONSE TOTALMENTE A SUBIDA DO 20% EN MENOS DUN ANO NO RECIBO DA AUGA. O PP PROPÓN A CONXELACIÓN DOS IMPOSTOS MUNICIPAIS.
ÁNXELES VÁZQUEZ INSTA Ó GOBERNO A FACER UNHA POLÍTICA DE CONTENCIÓN DE GASTOS, EN VEZ DE SUBIR OS IMPOSTOS ÓS MELIDENSES.
Melide, 13 de novembro de 2008. O PP DE Melide propuxo no pleno celebrado no día de hoxe a conxelación dos impostos municipais de cara ó vindeiro ano debido a crise que está vivindo o país e que afecta de un modo importante a Melide debido a situación do sector gandeiro e da construcción eixos fundamentais da economía deste concello e que repercute negativamente nos demais sectores.
Segundo Ánxeles Vázquez tódolos recibos chegaran o vindeiro ano con unha suba do 4,5 % e o da auga chegará ó 20% de suba en menos de un ano opoñéndose rotundamente o PP de Melide .
O grupo popular municipal instou ó goberno a facer unha política de contención de gasto e facer un esforzo para que os melidenses non teñan que sufrir un incremento dos impostos de cara o vindeiro ano. Critica o PP que se tome o actual goberno á lixeira a economía do Concello, lembrando que se perden subvencións por non pedilas a tempo, como foi o caso da 2ª fase de campos de fútbol de herba artificial, ou que se despida persoal que despois ten que ser indemnizado por tratarse de despidos improcedentes, caso da locutora de radio e eso sexa pagado polos impostos dos melidenses.
|
|
Blogs -
Política
|
 7876 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Martes, 08 de Abril de 2008 15:07 |
 A primeira agrupación voluntaria de municipios que se crea en Galicia ten xa dende esta tarde un nome propio. Será Galicia Central, o nome que esta tarde fixeron público os catro alcaldes dos concellos integrados na agrupación: Melide, Lalín, Monforte e O Carballiño
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Política
|
 6239 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Lunes, 10 de Marzo de 2008 05:45 |
 Quédanvos colgados os resultados das eleccións nacionais 2008, no noso municipio. Apreciase unha forte baixada na porcentaxe do voto do PP, sobe lixeiramente o PSOE e en forte ascenso o voto do BNG ó pasar dun 15,38% a un 21,97%.
|
|
|