ClearClear 24 oC
Humidity: 69%
Wind: N at 9 mph
Home noticias Infraestructuras

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado EDUARDO dijo:
2010-08-23 12:21:37
CASA EZEQUIEL: MUCHO RUIDO Y POCAS NUECES Y EL SERVICIO ES MUY,MUY,MUY DEFICIENTE
2010-08-10 16:35:41
programa de fiestas de san roque 2010 en melide
Invitado rosa dijo:
2010-07-26 12:58:19
quiero saber programa fiestas San Roque 2010 en melide .gracias
Invitado vane-gsx-r dijo:
2010-07-03 15:47:59
hola queremos montar un club de motos en vigo quien se apunta¿?
Invitado duende dijo:
2010-05-30 15:21:03
mañana hace diez años q Fran murio, enceder todos una vela por el. Nunca te olvidare.

Top Autores

admin: 309 Articles
Antonio: 73 Articles
gelines: 50 Articles
anxo: 16 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

feed-image Noticias publicadas

Estadísticas

OS : Linux i
PHP : 5.2.14
MySQL : 5.0.81-log
Tiempo : 13:54
Caching : Activado
GZIP : Activado
Miembros : 3015
Contenido : 479
Enlaces : 135
Ver contenido por hits : 1506667

Juegos al azar


  
Gladiator
Jugado: 3757 veces

  
Invaders
Jugado: 3919 veces

  
Simon
Jugado: 3916 veces

  
Snake
Jugado: 3669 veces

  
Poux
Jugado: 3642 veces

Usuarios en linea

Tenemos 160 invitados conectado(s)
SMS Control Advance - encendido remoto co SMS
Domótica y Seguridad (25.08.2010)
Directiva 2010/31/UE - RD 1826/2009
Domótica y Seguridad (25.08.2010)
KIT CONTROL BIOMÉTRICO ACCESO HUELLA + TARJETA RFID PARA ELECTROCERRADURA
Hogar (24.08.2010)
Domótica sin cables Osiris RF - Proyectos e instalación.
Domótica y Seguridad (24.08.2010)
Domotium - Domotica a otro nivel
Domótica y Seguridad (24.08.2010)


 
= Ad with Photo
Infraestructuras


A Deputación da Coruña financia un Plan de aforro enerxético en concellos da provincia
Blogs - Infraestructuras
260 hits
Escrito por Administrator   
Lunes, 22 de Marzo de 2010 23:51
anagrama diputacion coruñaMelide recibirá 18.000 euros.
A Deputación da Coruña destinará 1.826.232, 60 euros para financiar un Plan de aforro enerxético que se desenvolverá nos 83 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes, co obxectivo de facer que o consumo eléctrico dos concellos “sexa máis razoable e eficiente”, segundo o presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda.
Comentarios (0)

Leer más...
 
Los sellos del Camino de Santiago a su paso por Melide
Blogs - Infraestructuras
358 hits
Escrito por Administrator   
Domingo, 17 de Enero de 2010 21:12
La web lossellosdelcamino.com recopila todos los sellos, que se pueden obtener si se realiza como peregrino el Camino de Santiago. En concreto para Melide, se pueden ver los sellos de la red de albergues, de la Parroquia de S. Pedro y Sta. María, del concello, de la policía local, del museo o de la pulpería A Garnacha entre otros.
La lista completa en el siguiente link:
www.lossellosdelcamino.com/melide.htm
Comentarios (0)

 
Melide aproba cinco proxectos para incluír no Fondo Estatal por valor de 650 mil euros
Blogs - Infraestructuras
230 hits
Escrito por Administrator   
Domingo, 17 de Enero de 2010 15:52

O Concello de Melide vén de aprobar na última Xunta de Goberno Local cinco novos proxectos que serán executados dentro do segundo Plan E do Estado, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local.

O proxecto de máis peso económico, e o que quixo priorizar o equipo de goberno pola súa importancia para os melidenses, foi o que suporá o acondicionamento da área recreativa de Furelos, que conta cun presuposto de 300.000 euros. A través desta actuación, o concello realizará un saneamento sobre a canle do río, rehabilitando os mecanismos existentes e realizando obras hidráulicas para a limpeza dos fondos. Pero a mellora máis importante será a que se executará sobre as zonas verdes que todos os veráns son frecuentadas pola veciñanza de Melide.

Comentarios (0)

Leer más...
 
Máis de 12 mil persoas pasaron no ano 2009 pola Oficina de Turismo de Melide
Blogs - Infraestructuras
238 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 12 de Enero de 2010 00:19
Que Melide é máis ca un punto de paso no Camiño de Santiago demóstrao a fervente actividade turística que se asentou nos últimos anos derredor deste Concello. Amais da súa importancia como enclave fundamental dos Camiños Francés e Primitivo, Melide está a ser demandado como destino de interior, como demostra a súa incorporación ao programa de mellora turística Terras de Ulla e Tambre.

A fin de apoiar esta nova vía de espertar económico e cultural, o Concello promoveu en 2008 a instalación permanente dunha oficina municipal de turismo, que atende aos visitantes ininterrompidamente de luns a domingo no Museo da Terra de Melide.
Comentarios (0)

Leer más...
 
Melide recolle 20.000 quilos de plásticos nunha nova campaña de reciclaxe
Blogs - Infraestructuras
232 hits
Escrito por Administrator   
Miércoles, 19 de Mayo de 2010 00:00

A  Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe o socialista Manuel Prado, vén de dar por rematada a segunda campaña de recollida de plásticos agrícolas. Un camión do Concello percorreu as parroquias do rural melidense onde previamente a veciñanza tiña depositado os plásticos agrícolas para a súa reciclaxe.

O concelleiro Manuel Prado destacou “a colaboración dos veciños, e a súa concienciación coa reciclaxe, que se incrementa en cifras campaña tras campaña”. Nesta ocasión,o Concello recolleu máis de 20.000 quilos de plásticos agrícolas, que serán tratados para a súa reciclaxe. Fonte Concello de Melide

Comentarios (0)

 
Melide deixará de ingresar 300.000 euros da Deputación polo cobro dos recibos de lixo e vados
Blogs - Infraestructuras
1936 hits
Escrito por Administrator   
Lunes, 02 de Noviembre de 2009 06:54
O PP de Melide quere poñer en coñecemento dos cidadáns que o Concello de Melide esqueceu enviar á Deputación provincial os padróns  para que poida tramitar o cobro dos recibos do lixo e dos vados, algo que segundo Ánxeles Vázquez endexamais ocorreu neste municipio. A voceira do PP informou que para que o Concello recaude esta partida a Deputación ponlle ós concellos como límite o mes de agosto para que remitan os padróns, aínda que con anterioridade por decreto da alcaldía se teñen que publicar en xuño  para que os cidadáns poidan reclamar, e posteriormente a Deputación emitilos aos contribuíntes, trámite que  non foi  cumprido  por parte do Concello.
A edil popular advertiu que as consecuencias serán nefastas para tódolos melidenses porque o Concello deixará de ingresar máis de 300.000 euros.
Comentarios (0)

Leer más...
 
A Deputación da Coruña promove a eficiencia enerxética instalando placas solares e fotovoltaicas
Blogs - Infraestructuras
1677 hits
Escrito por Administrator   
Miércoles, 28 de Octubre de 2009 15:27
A Deputación da Coruña vai promover a eficiencia enerxética a través da instalación de placas solares e fotovoltaicas en instalacións municipais (polideportivos, piscinas climatizadas etc), e o aproveitamento para a rede. Os concellos que se beneficiarán das 38 instalacións serán os de Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Santiso, Sobrado, Toques, Aranga, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. O investimento podería ascender a 2,5 millóns de euros e está pilotado pola Fundación Axencia Provincial da Enerxía –entidade participada pola iniciativa pública (Deputación da Coruña,) e a privada-
Fonte Deputación da Coruña
Comentarios (0)

 
"BIG JUMP 09": únete a nós para dar un chimpo en defensa dos ríos
Blogs - Infraestructuras
2319 hits
Escrito por Administrator   
Jueves, 09 de Julio de 2009 15:52
O "BIG JUMP" é unha iniciativa da European Rivers Network (ERN) secundada por distintas organizacións europeas. Trátase de celebrar unha xornada festivo-reivindicativa nos nosos ríos para reclamar a súa protección efectiva através da aplicación da Directiva Marco da Auga. Está apoiada por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais europeas, entre elas ADEGA en Galiza. No noso país, a aplicación da Directiva Marco da Auga leva un escandaloso retraso, e a ameaza das minicentrais semella que rexurde co novo governo na Xunta. O domingo 12 de xullo vai ao teu río, da o chimpo, saca unha foto e mándaa a ADEGA. Colabora con ADEGA e o Proxecto Ríos na defensa dos nosos cursos fluviais.
Fonte adega.info
Comentarios (0)

 
Melide asinou hoxe investimentos por 466.000 euros por parte da Deputación
Blogs - Infraestructuras
2332 hits
Escrito por Administrator   
Miércoles, 23 de Septiembre de 2009 13:49
A alcaldesa de Melide acudiu esta mañá ao acto de sinatura dos convenios de colaboración establecidos pola Deputación da Coruña con este concello, e no que se materializan tres importantes demandas do equipo de goberno: a adecuación e remodelación interior da Casa da Cultura (340.773,44 €), a adquisición dun camión con plataforma elevadora para o uso da brigada municipal de obras (65.000 €) e a rehabilitación dunha vivenda tradicional para uso museístico en Furelos (60.000 €).

A actuación de maior envergadura é a referida á Casa da Cultura de Melide, á que a Deputación destina, a través deste convenio, 340.000 euros para o seu investimento na adecuación interior do espacio central do edificio na planta baixa, que será empregado como auditorio. Trátase dun espazo diáfano no que se poderán programar actuacións musicais e teatrais, aproveitando a alta calidade do revestimento das paredes, que se realizará con paneis de madeira e un tratamento especial para a refracción do son.
Comentarios (0)

Leer más...
 
Convocadas subvencións aos concellos para resolver problema da infravivenda rural
Blogs - Infraestructuras
2809 hits
Escrito por Administrator   
Domingo, 03 de Mayo de 2009 12:20
Aprobáronse as bases reguladoras das subvencións aos concellos para resolver o problema da infravivenda rural, de modo que as familias con baixos ingresos que as habitan poidan acadar unha vivenda digna conservando a súa integración social co medio.
Infravivenda rural=Que non reúnan as mínimas condicións de habitabilidade nos aspectos de seguridade e estanquidade, condicións hixiénico-sanitarias, espazo habitable suficiente, servizos de auga e electricidade. Situadas en poboaciones de menos de 1.500 habitantes.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de xuño do 2009.
+ info no DOG do 6 de abril de 2009.
Comentarios (0)

 
Axudas actividades de fomento para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico
Blogs - Infraestructuras
2540 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 17 de Abril de 2009 04:58
Os hórreos, cabazos, cruceiros e petos de ánimas de máis de cen anos de antigüidade, que teñan a consideración de bens de interese cultural.
As axudas consistirán nunha subvención que se percibirá por unha soa vez por beneficiario e ben inmoble, pola contía máxima do 50% do custo de execución do proxecto.
Prazo de presentación: dende o 14 de abril ata o 13 de maio de 2009, ambos incluído
+ info no DOG nº 69, luns 13 de abril de 2009 e no 981 185 691
Comentarios (0)

 
Melide adxudica seis proxectos do Fondo Estatal destinados a viais rurais e urbanos
Blogs - Infraestructuras
3389 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 14 de Abril de 2009 06:59
O Concello de Melide ten xa en marcha a execución de seis dun total de catorce obras que se realizarán este ano no municipio ao abeiro do Fondo Estatal de Investimento Local, do que Melide recibirá 1,4 millóns de euros.

Estes seis proxectos, que xa foron adxudicados, supoñen un investimento de 250.000 euros e suporá a mellora de diversas infraestruturas viarias.

Comentarios (0)

Leer más...
 
O Concello de Melide organiza duas xornadas de portas abertas na Casa da Cultura
Blogs - Infraestructuras
3311 hits
Escrito por El enterrador   
Miércoles, 25 de Marzo de 2009 17:25
A fin de que sexa coñecida esta faraónica obra (1 millón de euros facela + 2 máis para rematala, todo un macro-despilfarro onde os haxa), o Concello de Melide vai organizar para esta fin de semana - sábado 28 e o domingo 29 de 11 a 13 e de 18 a 20 horas  - dúas xornadas de portas abertas na Casa da Cultura.
Todas as persoas que queiran coñecer o interior da Casa da Cultura - baleira coma moitas cabezas políticas por certo - están invitadas. A factura xa se pasará a toda a cidadanía via impostos por suposto.
O Concello de Melide quere priorizar o Monte Gaias de Melide a Casa da Cultura.
As vergoñas, debería ser mellor tapalas, non?
Comentarios (0)

 
Melide contará con rutas de transporte escolar compartido
Blogs - Infraestructuras
2778 hits
Escrito por Antonio   
Domingo, 08 de Marzo de 2009 17:03
A partires de este luns, día 9, entrarán en funcionamento 57 novas rutas de transporte escolar compartido TES+BUS, que se distribúen entre 18 concellos das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, dos que 16 son de nova incorporación.
Melide será un dos concellos que contará con este servizo.
O programa de transporte escolar compartido permite que os cidadáns poidan utilizar as liñas de transporte escolar para os seus desprazamentos por un importe de 1 € cada viaxe. Non obstante a súa utilización por parte dos adultos estará supeditada a que existan prazas libres.
Fonte http://novas.xunta.es/node/14129
Comentarios (0)

 
6 millóns de euros para implantación de empresas nos territorios rurais de Galicia
Blogs - Infraestructuras
3064 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 20 de Enero de 2009 15:09
A Consellería de Traballo inviste este ano un orzamento de 6 millóns de euros para o fomento de novas iniciativas empresariais nos territorios rurais de Galicia para concellos con menos de 20.000 habitantes.
Empresas mercantís sempre que sexan de nova creación; que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
Condicións:
- creados dende o 16 de setembro de 2008 ata o 15 de setembro de 2009.
- concederse unha axuda de 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez.
- O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2009.

+ info en http://novas.xunta.es/node/13470
Comentarios (0)

 
Comezan en Melide as obras do punto limpo
Blogs - Infraestructuras
3437 hits
Escrito por Administrator   
Jueves, 15 de Enero de 2009 15:28
Este xoves, 15 de xaneiro, comezarán no polígono industrial da Madanela as obras para a construción dun punto limpo que ofrecerá servizo a todo o Concello de Melide. Así llo confirmou a Consellería de Medio Ambiente, a través do director da obra, ao concelleiro de Medio Ambiente de Melide, Manuel Prado Puga, quen amosou a súa satisfacción “porque este proxecto, de vital importancia para Melide, comece a dar pasos en firme para converterse en realidade”.
Comentarios (0)

Leer más...
 
De momento nada de nada sobre o tramo da A-54 ao seu paso por Melide
Blogs - Infraestructuras
4410 hits
Escrito por Xiri   
Miércoles, 17 de Diciembre de 2008 21:34
Nada de nada. Ata a data nada sabemos da A-54 Lugo-Santiago ao seu paso por Melide. Este é o tramo maldito. Agora mesmo só sabemos que non sabemos nada. Así o dicía o PP de Melide o pasado mes de novembro cando en contestación no Parlamento Galego comunicáronlles que a Xunta non ten nada de nada sobre este asunto, nin estudo informativo e moito menos trazado alternativo.

Está claro que isto é o que hai e non outra cousa. Con todo, a ministra, o consello de ministros, e outros moitos din que todo vai vento en popa a toda vela, toda marcha, vai ben..., pero eu non me creo nada porque son un incrédulo. Será para os outros tramos, que tamén o dubido. Aínda que hai que entender que a propaganda a moitos lles vai moi ben.

Simplemente remítome ás informacións e outras filtraciones que veñen parar ás miñas mans. Para mostra botóns: ...a ministra tamén se referiu a outras infraestructuras galegas, para avanzar que a autovía A-54 (Lugo-Santiago), contará, a finais deste ano, con 4 tramos en obras entre Lugo e Palas de Rei e en 2009 afrontarase outro tramo máis, o que discorre entre Labacolla e Arzúa, polo que tan só quedará a parte que discorre entre Arzúa e Palas de Rei, para o que se realizou un novo estudo informativo.


Comentarios (0)

Leer más...
 
A Xunta non dispón de ningún trazado alternativo para A-54
Blogs - Infraestructuras
4554 hits
Escrito por Xiri   
Domingo, 30 de Noviembre de 2008 21:30
Ánxeles Vázquez critica a pasividade do Concello porque o primeiro estudio enviouse ao Ministerio o 26 de xuño, e o definitivo coas correccións non se entregou ata o 5 de setembro O PP de Melide acusa a Socorro Cea de irresponsable por demorar os informes para o trazado alternativo da autovía contribuindo a que a obra continúe paralizada.
O PP insta a Socorro Cea a dar explicacións sobre os motivos que levaron ó Concello a enviar un estudio de só dos folios e medio e posteriormente o mesmo pero con conclusión o 5 de setembro; este último fora de prazo.

Melide, 2 de novembro de 2008. O PP de Melide deu a coñecer, nunha nota informativa, a súa valoración tras a contestación por parte da Xunta dunha pregunta formulada polo Grupo Parlamentario Popular, na que a Administración Autonómica confirma que non dispón de ningún estudio informativo do treito Arzúa- Palas de Rei, nin polo tanto de ningún trazado alternativo a Melide.
Isto supón, segundo palabras de Ánxeles Vázquez, “que a autovía que xa leva un retraso de 5 anos, continúe paralizada e a este paso tardará moitos máis en ver a luz”.
Os populares denuncian que, despois de solicitalo durante tres meses, por fin tiveron acceso aos informes que o Concello remitiu ao Ministerio para o estudio informativo Arzúa-Palas de Rei, é decir, para o trazado alternativo de Melide.
Tras estudiar o citado informe o PP constatou que o Goberno Municipal actuou con total irresponsabilidade , constatando que o Goberno Local enviou o primeiro informe o 26 de xuño, que non tiña sentido por carecer de conclusión, e a alcaldesa non volveu a remitir o novo estudio corrixido ata o 5 de setembro; cando o prazo para remitilo remataba a finais de xuño.

 A voceira do PP entende agora cales son os motivos polos que o Concello non levou a aprobación deste estudio perante ningún organismo, xa que inda que o Ministerio pedía un estudio detallado, Socorro Cea remitiu o 26 de xuño só dous folios e medio. Posteriormente o mesmo estudio pero con conclusión entregouse o 5 de setembro, o que supón unha pérdida de tempo pola falta de capacidade do Goberno Local para cumplir coa súa obriga e pola pasividade para axilizar un informe que está contribuindo a parálise na construcción do citado tramo da autovía. Ánxeles Vázquez tamén critica a falta de transparencia do Goberno Local porque tardou 3 meses en facilitarlle o estudio detallado, que no mes de maio pedíu Medio Ambiente co fin de facilitar a cercanía a vila, o que pón de manifesto o seu interese por ocultar a verdade sobre os trámites que se estaban levando a cabo, ante a evidencia da acumulación de novos retrasos.
A voceira do PP esixe a Cea que explique públicamente os motivos polos cales neste Concello se fan as cousas tan a lixeira e se comete o erro de tardar tres meses en completar un informe ao que lle faltaba engadir as conclusións. Para os populares supón una irresponsabilidade por parte do Goberno Local que non se priorice un tema tan importante como a construcción do trazado alternativo da autovía en Melide, xa que se trata dunha actuación que afecta a todos os veciños e que preocupa a toda a vila. {mosimage}{mosimage}{mosimage}{mosimage}
Comentarios (0)

 
Arranca en Melide unha campaña de información sobre a TDT
Blogs - Infraestructuras
4656 hits
Escrito por Antonio   
Lunes, 24 de Noviembre de 2008 21:31
Melide será o primeiro concello ao que chegará a campaña informativa posta en marcha pola Secretaría Xeral de Comunicación e o operador público de telecomunicacións Retegal para achegar a TDT á cidadanía. No acto, que será o martes 25 ás 20 horas no edificio multiusos, intervirán, entre outros, o director xeral, Manuel Xosé Fernández Iglesias, e a alcaldesa de Melide, Socorro Cea.
Comentarios (0)

Leer más...
 
Ponte as botas: limpeza simultánea de ríos en 22 concellos galegos, incluído Melide
Blogs - Infraestructuras
4505 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 07 de Octubre de 2008 01:00
Éxito da limpeza simultánea dos ríos galegos. Preto de 240 grupos de voluntarios/as puxéronse as botas o pasado día 4  na I XORNADA DE LIMPEZA DE RÍOS en rede. Foron máis dun cento de toneladas de lixo as retiradas de 22 ríos do país. Con esa iniciativa, ADEGA quere chamar a atención sobre a situación na que se atopan moitos cursos fluviais nas que toneladas de refugallos amoréanse nas beiras e canles. É responsabilidade de todos/as, cidadanía e administracións mirar polo bo estado dos ríos. Dende ADEGA, queremos agradecer o apoio e o compromiso solidario dos centos de persoas que participaron.
+ info en adega,.info
Comentarios (0)

 
Anunciado en Melide el hallazgo del acuífero termal más importante de Galicia
Blogs - Infraestructuras
4746 hits
Escrito por anxo   
Viernes, 12 de Septiembre de 2008 12:19
Ha sido anunciado por el Profesor de la Universidad de Vigo, José Ramón Seara, en una conferencia sobre el agua desarrollada en Melide. Al parecer el descubrimiento ha sido por casualidad en tierras de Xinzo de Limia. El caudal fluiría con una temperatura entre 22 y 23 grados centrígrados. ¿Será factible su explotación?. Esperemos que si.
Comentarios (0)

 
<< Inicio < Prev 1 2 Próximo > Fin >>

Página 1 de 2

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.